O día 18 de novembro celébrase unha nova edición do mercado ecolóxico e artesanal nos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas (Bueu).  A venda de produtos combinarase con actividades como obradoiros, contacontos ou charlas. O Porco Celta estará presente como alternativa gastronómica con hamburguesas e embutidos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100 % Raza Autóctona.