A Consellería do Medio Rural crea MERCAPROXIMIDADE, unha nova canle alternativa de comercialización de produtos do sector primario para dar saída ás producións de agricultores e gandeiros afectados polo peche da hostalería, a suspensión das feiras ou a clausura dalgúns mercados municipais.

A apertura da canle irá acompañada dunha campaña informativa dirixida ao consumidor final para dar a coñecer aos produtores que a integran, ademais das empresas distribuidoras que colaboran.

Pódese consultar a normativa completa no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200414/AnuncioG0426-130420-0001_gl.html