Estes animais sacrifícanse con idades superiores ao ano, polo que presentan carnes máis feitas, cunha maior retención de auga. O que unido ao potencial xenético específico para a síntese e deposición de ácidos grasos, dá lugar á obtención de carnes máis zumentas e de textura tenra cunhas cualidades organolépticas excelentes.

Descubre la raza

Cabe destacar o aroma e sabor característicos que proveñen da elevada proporción de ácidos graxos volátiles, e a intensa coloración vermella debida ao elevado contido en miohemoglobina do músculo, que resulta da continua actividade muscular desenvolvida polo animal nas súas correrías polo campo.

SISTEMA DE CRíA

Porén, non só se trata de agradar ao padal senón que tamén reúne criterios nutricionais interesantes como é o contido en ácidos graxos esenciais beneficiosos e a fonte de ferro biodispoñible que supón o contido en miohemoglobina.
O achegue da Vitamina E na alimentación vexetal destes animais evita as oxidacións, proporcionando durabilidade no tempo á súa calidade.

Todo o mencionado ata o momento convirte tamén a estas carnes nas ideais para a elaboración de produtos cárnicos de calidade.