CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E A ASOCIACIÓN DE CRIADORES DA RAZA PORCINA CELTA (ASOPORCEL) PARA A EXECUCIÓN DAS ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN, CONSERVACIÓN E FOMENTO DA RAZA PORCINA PORCO CELTA, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020, QUE SE ASINA PARA O PERÍODO 2016-2019.

 

GALICIA CONTA CUNHA AMPLA SUPERFICIE DE APROVEITAMENTO SILVOPASTORIL E O PORCO CELTA CUNHA GRAN RUSTICIDADE E CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN, POLO QUE O SISTEMA PRODUTIVO CARACTERÍSTICO DESTA RAZA, EN EXTENSIVO-SEMIEXTENSIVO, PERSEGUINDO UN USO ÓPTIMO DOS RECURSOS NATURAIS, FANO ESPECIALMENTE COMPATIBLE COA CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE E DO MANTEMENTO DA BIODIVERSIDADE. DOUTRA BANDA, ESTE TIPO DE PRODUCIÓN TEN UNHA INFLUENCIA POSITIVA NAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DE QUEN O PRACTICA, CONTRIBUÍNDO Á FIXACIÓN DA POBOACIÓN E Á DIVERSDIFICACIÓN DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS NO MEDIO RURAL.

A EXPLOTACIÓN DESTES ANIMAIS EN SISTEMAS SUSTENTABLES E RENDIBLES É POSIBLE GRAZAS Á SÚA GRAN RUSTICIDADE E ADAPTACIÓN AO MEDIO NO QUE VIVEN. GALICIA É UNHA TERRA DE CLIMA TÉPEDO E CON ALTA PLUVIOMETRÍA O QUE LEVA CONSIGO UNHA ALTA PRODUCIÓN DE SOTOBOSQUE, O PORCO CELTA APROVÉITAO E TRANSFÓRMAA EN CARNE DE ALTÍSIMA CALIDADE E SALUBRIDADE, GRAZAS AO POTENCIAL XENÉTICO DA MESMA, AO TIPO DE ALIMENTACIÓN E AOS SISTEMAS DE CRÍA EN LIBERDADE.

É NECESARIO SEGUIR TRABALLANDO NA CONSERVACIÓN DA RAZA PORCO CELTA POLO QUE SE ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ASOCIACIÓN DE CRIADORES DA RAZA PORCINA CELTA (ASOPORCEL), CO OBXECTIVO DE RECUPERAR, CONSERVAR E FOMENTAR A RAZA PORCO CELTA, CONTRIBUÍNDO A DIVERSIFICAR AS ACTIVIDADES ECONOMICAS NAS ZONAS RURAIS, MANTENDO A BIODIVERSIDADE. XORDE, POLO TANTO, O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E A ASOCIACIÓN DE CRIADORES DA RAZA PORCINA CELTA (ASOPORCEL) PARA A EXECUCIÓN DAS ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN, CONSERVACIÓN E FOMENTO DA RAZA PORCINA PORCO CELTA, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020, QUE SE ASINA PARA O PERÍODO 2016-2019.

 

LER CONVENIO COMPLETO