Asoporcel


A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL) nace o 19 de xaneiro de 1999, como unha entidade sen ánimo de lucro, encamiñada á recuperación e conservación da raza Porco Celta, co fin de darlle o lugar que lle corresponde como patrimonio xenético e cultural de Galicia, legándoo a xeracións futuras.

É a única entidade oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do libro xenealóxico da raza Porco Celta, de acordo co Decreto 149/2011, do 7 de xullo, polo que se establece o Catálogo Oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, regulase o recoñecemento oficial das asociacións de criadores que creen ou xestionen libros xenealóxicos e apróbanse os programas para a súa conservación, mellora e fomento.

Entre os obxectivos da asociación están:

  • A conservación, recuperación e mellora da raza Porco Celta.
  • Integrar, representar, defender e promover os intereses dos criadores desta raza e ser seus interlocutores válidos coas administracións nos asuntos relacionados co sector.
  • A participación e fomento nos estudos que teñan por obxecto a raza Porco celta.
  • Estimular e fomentar a modernización das explotacións e a profesionalización dos gandeiros para aumentar as producións, a calidade dos seus produtos e a súa comercialización. Para o que se lles procurará o asesoramento necesario.
  • A colaboración con outras asociacións ou federacións afíns, tanto a nivel autonómico coma estatal ou internacional, para establecer as relacións e os acordos que se estimen convenientes.
  • Promocionar, defender e difundir a raza e os seus produtos derivados entre o público en xeral.
ORGANIGRAMA DIRECTIVO

 

ESTATUTOS

 

LEI DE TRANSPARENCIA