Loading...

RAPA DAS BESTAS EN FRIOL

O día 28 de xullo, a parroquia de Carballo (Friol - Lugo) celebra unha nova edición da súa tradicional rapa das bestas. A raza Porco celta estará presente con diverso material informativo.

July 22nd, 2019|Feiras|

MERCADO MEDIEVAL ALFOZ (LUGO)

Os días 19 e 20 de xullo celébrase en Alfoz (Lugo), no entorno do Castelo de Castro de Ouro, o XXI Mercado Medieval. Como características principais destaca a cea medieval e o mercado de produtos típicos da zona. O Porco celta estará presente con elaborados dun operador autorizado co logotipo 100 % Raza Autóctona.

July 17th, 2019|Feiras, Gastronomía|

5ª REUNION REDE GALEGA INNOVACION AGROFORESTAL

O día 1 de xullo, en Monterroso (Lugo), celebrarase a 5ª reunión da Rede Galega de Innovación Agroforestal. Dentro do marco do Proxecto AFINET e organizada pola Universidade de Santiago de Compostela.

May 6th, 2019|Actividades de promoción|

FEIRA DO TRECE

O día 15 de xuño a parroquia de Carballido (Alfoz - Lugo), no lugar do Trece, celebra unha nova edición da Feira do Trece. Organizada pola Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, contará coa exposición de animais vivos da raza porcina Celta.

May 6th, 2019|Feiras|

FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE

Do día 6 ao 9 de xuño Silleda, (Pontevedra), acollerá unha nova edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde. A raza Porco celta celebrará o seu II Concurso de Manexo, ademais da exposición de exemplares. Paralelamente terá lugar o Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, coa presenza de operadores autorizados co logotipo 100 % Raza Autóctona Celta.

May 6th, 2019|Actividades de promoción, Feiras, Gastronomía|