Loading...

FEIRA SAN ISIDRO EN ROIS

O concello de Rois (A Coruña), coincidindo coas súas festas patronais, celebrará o día 18 de maio a Feira de San Isidro. Con artesanía, produtos galegos e exposición de animais de razas autóctonas. A raza Porcina Celta estará representada por animais dunha explotación autorizada co logotipo 100% Raza Autóctona.

May 6th, 2019|Feiras|

2ª XORNADA DE GRANXAS ABERTAS

O vindeiro 14 de maio celébrase a 2ª Xornada de Granxas Abertas, nesta ocasión visitaranse granxas da comarca de Chantada entre elas a dunha produtora de Porco celta.

May 6th, 2019|Actividades de promoción|

III MEDIO MARATON CIDADE DE LUGO

O domingo 12 de maio disputarase a terceira edición do Medio maratón cidade de Lugo, proba consolidada no calendario de carreiras populares. Haberá produtos derivados do Porco celta xunto con material publicitario nunha caseta habilitada ao efecto.

May 6th, 2019|Actividades de promoción|

3º FRIULIO CASTREXO – ROMANO

O 11 e 12 de maio celebrarase a terceira edición do encontro castrexo-romano Friulio, na localidade de Friol (Lugo). A raza porcina Celta estará presente con exposición de animais vivos e diverso material informativo e publicitario.

May 6th, 2019|Festivales|

ECO FESTIVAL DA DONA

O día 12 de maio celébrase o Eco festival da Dona en Azucreira (Portas - Pontevedra), un operador autorizado co logotipo 100 % Raza Autóctona ofrecerá produtos derivados de Porco celta a tódolos asistentes.

May 6th, 2019|Festivales|