MERCAPROXIMIDADE. CANLE ALTERNATIVA DE COMERCIALIZACION PRODUTOS

A Consellería do Medio Rural crea MERCAPROXIMIDADE, unha nova canle alternativa de comercialización de produtos do sector primario para dar saída ás producións de agricultores e gandeiros afectados polo peche da hostalería, a suspensión das feiras ou a clausura dalgúns mercados municipais. A apertura da canle irá acompañada dunha campaña informativa dirixida ao consumidor final para dar a coñecer aos produtores que a integran, ademais das empresas distribuidoras que colaboran. Pódese consultar a normativa completa no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200414/AnuncioG0426-130420-0001_gl.html

April 16th, 2020|Actividades de promoción|

FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE

A Feira Internacional de Galicia ABANCA decidiu que a 43ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos -Fecap Abanca, Salimat Abanca, Turexpo Galicia e Festur – previstos do 4 ao 7 de xuño, se trasladen ao vindeiro ano. Concretamente celebraranse entre o 3 e o 6 de xuño do 2021.

April 16th, 2020|Sin categoría|

AVISO IMPORTANTE

⚠️⚠️AVISO IMPORTANTE⚠️⚠️ ❌ Seguindo as instruccións establecidas polas autoridades, con respecto ao COVID-19, como medida preventiva e de responsabilidade, as instalacións da Asociación de criadores de gando porcino Celta (ASOPORCEL) permanecerán pechadas ata o dia 12 de abril 2020. Calquera consulta no ☎️ 982226252 (Horario de luns a venres de 09:00-14:00 e de 16:00-19:00). Desculpade as molestias.

March 16th, 2020|Sin categoría|

FESTA GASTRONOMICA DA CEBOLA GRELADA E DO PORCO CELTA

CANCELADA O domingo día 22 de marzo en Castrelo do Val (Ourense) celébrase a 8ª edición da Festa Gastronómica da Cebola Grelada e do Porco Celta. Xunto cos produtos derivados da raza Porcina Celta haberá diverso material publicitario e informativo.

March 9th, 2020|Actividades de promoción, Gastronomía|

XXII FESTA DO LACON CON GRELOS NO MESON DO VENTO

Os días 7 e 8 de marzo celébrase a XXII Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento (Ordes), o Porco Celta estará presente con exposición de animais vivos dunha explotación colaboradora.

February 28th, 2020|Actividades de promoción|