PROXECTO FORESCELTA

Articulado a partir dun grupo operativo (GO) supraautonómico, este proxecto pretende contribuír á recuperación e mantemento das razas porcinas do tronco celta, así como á limpeza forestal dos montes a través dun sistema alternativo que, de forma automatizada, permita controlar o gando en liberdade, retelo e cebalo.

Este grupo operativo está constituído pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL), Monte Veciñal en Man Común ”DE CARBALLO” (Friol – Lugo), Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario de Asturias (SERIDA), Asociación de Criadores do  GochuAsturcelta (ACGA) e a Asociación de Propietarios Forestais do Occidente de Asturias.

Desde o punto de vista socioeconómico, os obxectivos e resultados que se expoñen co GO FORESCELTA, pretenden unha menor dependencia externa dos sectores gandeiros e forestais, unha diversificación dos ingresos, co consecuente estimulo da economía local, a implicación e fixación da poboación rural e o mantemento do tecido social no noso ámbito xeográfico.