A Xunta de Galicia, consciente da importancia da conservación e fomento da raza porcina Porco Celta, ten implementado un sistema de subvencións en colaboración con Asoporcel que teñen como obxectivo apoiar e promover as actividades de recuperación, conservación e mellora desta raza autóctona galega. A través deste programa, os criadores de Porco Celta poden acceder a axudas económicas para a mellora das explotacións, a promoción da raza e a conservación do seu patrimonio xenético.
O obxecto deste convenio é establecer as condicións para continuar coa execución de actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina Porco Celta, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación por parte da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de galicia 2014-2020, que se asina para o período 2023-2025.
→ Máis info sobre actividades de conservación, promoción e mellora da raza Porco Celta
→ Relación completa de actividades
Ver convenio
A Consellería do Medio Rural emitiu a resolución de aprobación das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas, no marco da convocatoria de 2018. Entre os beneficiarios, destaca a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) de Lugo, que recibirá unha axuda de 20.000 euros.
Ver resolución