O día 11 de novembro terá lugar no IBADER (Campus Universitario de Lugo) unha xornada técnica sobre o Porco celta. Nas distintas ponencias abordaranse temas de relevante importancia na cría desta raza porcina, como son a alimentación, a sanidade, o benestar animal ou as instalacións das granxas.