O pasado 25 de Novembro, e dentro das xornadas sobre o uso múltiple e sistemas silvopastorais en montes atlánticos que se celebraron en Vila de Cruces, tivo lugar unha exposición das ventaxas do uso do Porco celta no aproveitamento dos montes, pola contribución que a súa explotación fai na dinamización do medio rural e polo seu efecto positivo na prevención de incendios forestais.