Do día 6 ao 9 de xuño Silleda, (Pontevedra), acollerá unha nova edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde. A raza Porco celta celebrará o seu II Concurso de Manexo, ademais da exposición de exemplares. Paralelamente terá lugar o Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, coa presenza de operadores autorizados co logotipo 100 % Raza Autóctona Celta.