O vindeiro día 22 de febreiro o concello de Abadín (Lugo), celebrará a XV edición de Expogrelo. A coñecida feira de exaltación do grelo, que se celebrará no Recinto Feiral de Gontán. O Porco Celta acompañará a celebración cunha caseta con produtos da raza, dun operador autorizado co logotipo 100 % Raza Autóctona Porco Celta.