Pode que as rúas teñan que estar baleiras este ano… pero imos encher as redes coas mellores fotos de produtos de Porco Celta para celebrar o Entroido! Este xoves 4 de febreiro dá comezo un concurso de fotografía de entroido na que os produtos 100% Raza Porco Celta son os grandes protagonistas. E temos dous premiazos para os gañadores!
- Primeiro premio: un xamón de Porco Celta e una mochiliña personalizada co noso Cesarín e chea de agasallos para os máis cativos.
- Segundo premio: unha paleta de Porco Celta xunto con outra mochila para os nenos igual de ben equipada.
COMO PARTICIPAR
- Faite unha foto divertida (máximo 3 fotos por persoa) posando con algún produto identificado cun logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.
- Envíanola vía whatsapp ao 982 22 62 52 contándonos que produtos de Porco Celta vas poñer na mesa (e para quen!) en canto nos poidamos volver reunir cos amigos e a familia para un bo xantar.
- Comeza a seguirnos na nosa páxina de Facebook.
- Subiremos a foto a un álbum do noso Facebook, onde se poderá votar por ela ata o 26/02 ás 14:00 horas.
PRAZOS
- A recepción de fotos está aberta dende xa mesmo. Comezaremos a subir as imaxes este xoves día 5 de febreiro e continuaremos ata o venres 19 de febreiro ás 14:30 horas. Non se aceptarán fotografías que cheguen fóra da data e a hora establecidas.
- O prazo de votación estará aberto ata o venres 26 de febreiro ás 14:30 horas.
- O nome dos gañadores darase a coñecer ao longo da mañá do luns 1 de marzo.
ESPECIFICACIÓNS
- Cada persoa poderá enviar un máximo de 3 fotografías para participar.
- Unha mesma persoa non poderá optar aos dous premios. No caso de que as dúas fotografías máis votadas sexan da mesma persoa o segundo premio pasará automaticamente á foto de distinta autoría que máis votos obtivese.
- Só contarán os votos que obteña a foto dentro do álbum, é dicir, que poderedes compartir a fotografía que subiremos ao noso Facebook para obter máis ‘Gústame’ entre os vosos amigos. Pola contra, non contabilizarán os votos que consiga a fotografía se é subida de xeito paralelo.
- Os gañadores terán un prazo de sete días para aceptar o premio. De non producirse resposta, será asignado á seguinte fotografía con máis votos.