O vindeiro 16 de outubro, no Centro de Cultura Aula Zenith do Concello de Cenlle (Ourense), celebrarase a Xornada Técnica titulada “Crianza do Porco Celta nas carballeiras e soutos galegos”. Expoñerase nesta xornada os ensaios de Porco Celta que está a facer o CIF de Lourizán, así como tamén se fará un acercamento a cuestións como: as bases para o deseño de explotacións, os aspectos sanitarios e alimenticios da xestión do Porco Celta.