Do 29 de abril ao 1 de maio Mondoñedo celebra unha nova edición das Quendas, haberá feira tradicional de gando e exposición de razas autóctonas. O Porco Celta estará presente con animais vivos das explotacións da zona, ademais dunha caseta con material publicitario e informativo. Durante o sábado e o domingo levaranse a cabo as Xornadas de Tapeo, nas que se poderán degustar produtos de Porco Celta.