O próximo día 7 de agosto no Pino (A Coruña) celébrase a XXI edición da Festa do galo Piñeiro e Mostra Cabalar. Ademais dos tradicionais certames de galo Piñeiro e de cabalos, haberá feira de artesanía, exhibicións, obradoiros, degustación de galo e xantar popular. O Porco Celta participará a través dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta cos seus produtos e diverso material publicitario e divulgativo.