Pontevedra terá por diante, na vindeira fin de semana, unha nova edición da feira do mel, A Meleira. A cita, que alcanza o seu 32º aniversario, estará situada na rúa Serra, entre os días 11 e 14 de agosto. Un operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta achegará os seus produtos a tódolos visitantes, así como diverso material publicitario e informativo.