Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da súa Feira de Artesanía e de Porco Celta, un evento gastronómico e cultural que este ano abarca a feira de artesanía e o xantar popular de Porco Celta, o domingo día 14. Ademais haberá unha caseta con material publicitario e informativo da raza.