O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá os días 25 e 26 de setembro a feira “L de Lugo”, organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo (AdisLugo). Participarán varios operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta, tamén haberá produtos desta raza en showcookings e maridaxes.