Desde o venres 7 e ata o domingo 9 de outubro celebrarase en Lugo a mostra agrogandeira de Expolugo A Rural. Será o IV Concurso – Exposición Monográfico Provincial da Raza Porco Celta, ademais haberá xornadas técnicas, desfile de gando así como actividades para os nenos con Os Bolechas.