O Concello de Bueu (Pontevedra) celebra o próximo domingo 27 de novembro unha nova edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal, que terá lugar na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas e no que se poderán mercar durante toda a xornada produtos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais, ademais de gozar de actividades diversas. Acudirán varios operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.