Sorteamos 3 cestas de Nadal 100% Porco Celta!
Un ano máis, por Nadal queremos levar o Porco Celta ao maior número de casas posible, polo que poñemos en marcha un sorteo no que son os nenos, a través dos seus debuxos, os que se poden facer cunha das nosas tres cestas, as cales están equipadas con lotes de produtos e materiais didácticos sobre o Porco Celta.
COMO PARTICIPAR
Descárgate unha (ou varias!) das nosas plantillas do Cesarín de Nadal e dálla aos teus cativos para que a pinten (a man ou en dixital) como máis lles guste.
Envíanos a creación final antes do luns 19 de decembro ás 14:30 horas como prefiras (mediante mensaxe directo ou deixando un comentario no noso Facebook, vía correo electrónico, etiquetándonos nunha publicación…), identificando o nome e a idade do autor ou autora e o nome e o teléfono do adulto responsable para poder contactar no caso de que o debuxo resultase gañador.
Unha vez recibido o debuxo, subirémolo a un álbum de fotos que creamos na nosa páxina de Facebook para que todo o mundo poida ver o talento de todos os participantes.
O martes 20 realizaremos o sorteo a través da web AppSorteos, anunciaremos o nome dos tres gañadores e poñerémonos en contacto con eles para poder facerlles chegar as cestas o antes posible.
DESCARGA AS LÁMINAS PARA PARTICIPAR!
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
(Pica sobre as imaxes para descargar as láminas en alta resolución)
PRAZOS
- A recepción de debuxos está aberta dende xa mesmo e ata o luns 19 de decembro ás 14:30 horas. Non se aceptarán debuxos que cheguen fóra da data e a hora establecidas.
- Durante a mañá do martes 20 de decembro levarase a cabo o sorteo. Serán seleccionados 3 gañadores e 6 suplentes.
- Os gañadores daranse a coñecer ao longo do martes 20 de decembro.
ESPECIFICACIÓNS
- Cada neno (ata 11 anos) pode elaborar un máximo de tres debuxos distintos para participar.
- Non se aceptarán debuxos que xa foran presentados para concursar en edicións anteriores.
- Os gañadores terán un prazo de sete días para aceptar o premio. De non producirse resposta, a cesta será asignada ao primeiro suplente, e así sucesivamente.
- Cada neno pode gañar un só premio. No caso de que no sorteo saia máis dun debuxo do mesmo participante, o segundo premio será adxudicado de xeito automático á seguinte persoa que saia como suplente na aplicación.
- A organización do sorteo resérvase o dereito a cambiar a dinámica do mesmo en calquera momento no caso de que o considere oportuno.
AS CESTAS
As cestas que sorteamos veñen equipadas con produtos de Porco Celta facilitados polos nosos operadores e con materiais didácticos para dar a coñecer esta raza entre os máis pequenos. Colaboraron na composición das cestas os seguintes operadores:
- Jamones González S.L.U.
- Cárnicas Teijeiro S.L.
- Comercial Macario S.A.
- Embutidos Hermelino
- Productos Cárnicos Domínguez S.L.
- Coop. Galega Tres Fuciños
- Casa Castelao S.L.
- Embutidos Hervella
- Embutidos Buenavista
- CienPorCel