O día 12 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas celebrarase, no mercado de Quiroga Ballesteros (Lugo), unha Xornada de Promoción de Produtoras “Donas do Rural, Donas de Si”. O Porco Celta estará presente con produtos elaborados e material publicitario dun operador autorizado para uso do selo 100 % Raza Autóctona Porco Celta.