O vindeiro 20 de marzo terá lugar a XX edición do Campionato Galego de Coctelería, será no Hostal Reyes Católicos de Santiago de Compostela. Un operador autorizado para traballar baixo o selo 100 % Raza Autóctona Porco Celta ofrecerá aos asistentes os seus produtos; así como información e material publicitario da Raza.