O Concello de Boimorto vai celebrar a última fin de semana de marzo unha nova edición de Magreco, a feira de maquinaria agrícola e forestal e produtos ecolóxicos. Haberá unha caseta con material publicitario e informativo da Raza Porco Celta. Os asistentes poderán gozar tamén dunha ampla zona dedicada a alimentación onde destacarán os produtos elaborados baixo o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta que presentará un operador autorizado.