O sábado 25 de marzo o Concello de O Valadouro (Lugo) acollerá, como é tradición, o seu XVII Mercado de Primavera no que se poderá mercar e degustar os produtos derivados de Porco Celta; que ofrecerá un operador autorizado para o uso do selo 100% Raza Autóctona Porco Celta. Tanto os distintos postos, como as persoas encargadas dos mesmos estarán caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.