Do 28 de abril ao 1 de maio Mondoñedo celebra unha nova edición das Quendas. O día 1 haberá feira tradicional de gando e exposición de razas autóctonas. O Porco Celta estará presente con animais vivos das explotacións da zona, ademais dunha caseta con material publicitario e informativo. Os locais de hostelería ofrecerán degustacións de produtos de Porco Celta.