A localidade de Friol (Lugo), celebrará a V Edición do Friulio Castrexo – Romano. Durante os días 13 e 14 recrearase o modo de vida e as batallas dos dous pobos. Haberá exposición de animais vivos da raza Porco Celta de varias explotacións da zona, o domingo, día 14, haberá unha degustación gastronómica de Porco Celta ao espeto.