Evolución dos censos

Os últimos censos oficiais pódense consultar na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nesta ligazón.

Desde o ano 1999 en que se iniciou a recuperación desta raza os seus censos foron incrementándose paulatinamente. Con todo, seguen estando moi afastados do limiar no que deixaría de considerarse unha raza en perigo de extinción.

Este censo concéntrase principalmente en explotacións de tipo familiar, cun máximo de cinco femias reprodutoras, que se dedican principalmente á produción de leitóns para o seu posterior engorde e venda para sacrificio. Ás veces complementado coa venda de leitóns a outras granxas que se dedican en exclusiva á fase de cebo.