Está aberto ata o 24 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para o "Programa CULTIVA 2023. Programa de Estancias Formativas de Novos Agricultores e Explotacións Modelo". Este ano participan 10 das nosas ganderías asociadas.
Trátase dunha iniciativa financiada e desenvolta polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación cuxo obxectivo é ofrecer a novos agricultores e gandeiros formación práctica en explotacións modelo de acollida a través de estancias formativas, onde teñan a oportunidade de adquirir e consolidar in situ coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que poidan aplicar no desenvolvemento da súa propia actividade agraria.
As estancias, de carácter gratuito para os participantes, son desenvolvidas en territorio nacional e por períodos de entre 5 e 14 días de duración e ofrecen aos mozos 7 horas de formación diaria sobre diferentes temáticas, como a planificación e xestión económica e financeira das explotacións ou o uso de tecnoloxías dixitais, entre outras.