fbpx
Loading...

FEIRA DO MEL EN MOAÑA

A Feira do Mel de Moaña (Pontevedra) celebrará este domingo, día 21 de agosto, a súa cuarta edición nos xardíns do edificio do Concello. Como xa é tradicional reunirá a produtores de mel e de artesanía, os asistentes terán a súa disposición produtos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.

August 18th, 2022|Actividades de promoción|

FEIRA DO ANO EN GOMEAN (O CORGO)

Gomeán (O Corgo - Lugo) celebra este domingo 14 de agosto a súa II Feira do Ano, unha feira na que os produtos locais e os oficios tradicionais comparten o protagonismo coa gandería, cunha mostra de animais de Porco Celta e con degustación de produtos derivados desta raza.

August 10th, 2022|Actividades de promoción|

FEIRA DE ARTESANIA E PORCO CELTA

Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da súa Feira de Artesanía e de Porco Celta, un evento gastronómico e cultural que este ano abarca a feira de artesanía e o xantar popular de Porco Celta, o domingo día 14. Ademais haberá unha caseta con material publicitario e informativo da raza.

August 10th, 2022|Actividades de promoción|

FEIRA DO MEL A MELEIRA PONTEVEDRA

Pontevedra terá por diante, na vindeira fin de semana, unha nova edición da feira do mel, A Meleira. A cita, que alcanza o seu 32º aniversario, estará situada na rúa Serra, entre os días 11 e 14 de agosto. Un operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta achegará os seus produtos a tódolos visitantes, así como diverso material publicitario e informativo.

August 10th, 2022|Actividades de promoción|

FESTA DO GALO PIÑEIRO E MOSTRA CABALAR

O próximo día 7 de agosto no Pino (A Coruña) celébrase a XXI edición da Festa do galo Piñeiro e Mostra Cabalar. Ademais dos tradicionais certames de galo Piñeiro e de cabalos, haberá feira de artesanía, exhibicións, obradoiros, degustación de galo e xantar popular. O Porco Celta participará a través dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta cos seus produtos e diverso material publicitario e divulgativo.

August 5th, 2022|Actividades de promoción|