fbpx
Loading...

FEIRA TRADICIONAL DOS REMEDIOS

Ponteareas (Pontevedra) celebra a 14ª Feira Tradicional dos Remedios o día 10 deste mes de setembro, cunha programación que inclúe mercado tradicional, obradoiro de cociña infantil e música tradicional que  comparten o protagonismo coa gandaría, cunha mostra de animais de Porco Celta e con degustación de produtos derivados desta raza.

September 8th, 2022|Actividades de promoción|

FEIRA FESTA PEPA LOBA

O Carballiño (Ourense) celebra a 26ª Feira Festa Pepa Loba "Tradicións e buscas" os días 9, 10 e 11 deste mes de setembro, cunha programación que inclúe mercado tradicional, arte e artesanía, xogos populares e música tradicional. Os asistentes terán a súa disposición produtos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.

September 8th, 2022|Actividades de promoción|

XXXI FESTA DA VENDIMA DE LEIRO

Leiro (Ourense) celebra a XXXI edición da Festa dá Vendima entre o 27 e o 28 deste mes de agosto, cunha programación que inclúe a mostra de viños, os concursos de acios e carrozas, un mercado artesanal, concertos, actividades infantís así como unha concentración de coches clásicos. Os asistentes terán a súa disposición produtos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.

August 24th, 2022|Actividades de promoción|

FESTIVAL ENOGASTRONOMICO ESPIRITU RIBEIRO

Os concellos da Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle (Ourense) serán de novo sedes da segunda edición de “Espírito Ribeiro, festival de sabores, música e produtos de proximidade”. A xornada inaugural do venres 19 celebrarase na Arnoia, o sábado día 20, o “festival de sabores” trasládase a Castrelo de Miño e a sesión final, o domingo 21 en Cenlle. Os asistentes terán a súa disposición produtos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.

August 19th, 2022|Actividades de promoción|

FEIRA DO MEL EN MOAÑA

A Feira do Mel de Moaña (Pontevedra) celebrará este domingo, día 21 de agosto, a súa cuarta edición nos xardíns do edificio do Concello. Como xa é tradicional reunirá a produtores de mel e de artesanía, os asistentes terán a súa disposición produtos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.

August 18th, 2022|Actividades de promoción|