RAPA DAS BESTAS CARBALLO (FRIOL)
O día 31 de xullo, a parroquia de Carballo (Friol - Lugo) celebra unha nova edición da súa tradicional rapa das bestas. A raza Porco celta estará presente con diverso material informativo.
FEIRA DO LAGO CASTIÑEIRAS
O día 31 de xullo terá lugar no concello de Marín (Pontevedra), no entorno do Lago Castiñeiras, a Feira do Lago Castiñeiras. Os asistentes poderán desfrutar de produtos derivados de Porco Celta que lles ofrecerá un operador autorizado para uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta e tamén material informativo e publicitario.
CURTIS NA LEMBRANZA – AS FEIRAS DE 1900
Os días 30 e 31 de xullo, a asociación de comerciantes e o concello de Curtis (A Coruña) celebrará a VI edición de Curtis na lembranza-As feiras de 1900. Este ano recordarán a chegada do tren ao pobo no ano 1875. O Porco Celta tamén participará nesta celebración coa presenza dun operador autorizado para o uso do logotipo 100 % Raza Autóctona Porco Celta cos seus produtos e con material publicitario e informativo.Os días 30 e 31 de xullo, a
ENCONTRO ENTRE CAMIÑOS
O 30 de xullo, celébrase na Praza do Campo en Xunqueira de Ambía (Ourense) o primeiro encontro ENTRE CAMIÑOS, evento de irmandade entre as culturas galega e arxentina. Para tódolos asistentes haberá produtos da raza Porco Celta, así como diverso material publicitario e informativo que lles ofrecerá un operador autorizado para o uso do logotipo 100 % Raza Autóctona Porco Celta.
FEIRA GASTRONOMICA “RILLA NA RUA”
A Feira gastronómica itinerante "Rilla na Rúa" chega a Nigrán (Pontevedra). Desde o día 22 ao 25 de xullo, no paseo da Ramallosa, once foodtrucks ofrecerán as súas propostas entre as que destaca a hamburguesa de Porco Celta, que elabora un operador autorizado co logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.