XXIII FEIRA DO BUTELO A FONSAGRADA

O 15 e 16 de febreiro celébrase a "XXIII FEIRA DO BUTELO A FONSAGRADA", o Porco Celta participará por medio de dous operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta, que ofrecerán os seus produtos a tódolos visitantes.

February 10th, 2020|Actividades de promoción, Feiras, Gastronomía|

XORNADA DIVULGATIVA: “EL SILVOPASTORALISMO CON CERDOS ¿UNA PRACTICA A IMPULSAR?”

O día 13 de febreiro, en "Las Caballerizas" sala Pottoka Neiker-Arkaute (Vitoria-Gasteiz), celébrase unha xornada divulgativa sobre o aproveitamento silvopastoril con porcos de razas autóctonas en reximen extensivo. A raza porcina Celta estará presente coa ponencia: "A innovación na xestión silvopastoril con Porco Celta".

February 7th, 2020|Actividades de mellora|

XII FESTA COCIDO DO PORCO CELTA COMARCA SARRIA

O día 8 de febreiro celébrase no Mercado Gandeiro de Sarria (Lugo) a "XII Festa Cocido do Porco Celta Comarca de Sarria", como non pode ser doutro xeito o gran protagonista será o Porco Celta. Conxuntamente tamén terá lugar a "4ª Edición da Feira Internacional do Porco e os seus Produtos Gastronómicos" (FIPORCO) onde haberá un stand informativo con material publicitario do Porco Celta.

January 31st, 2020|Actividades de promoción, Gastronomía|

CONGRESO GASTRONOMICO CULTURAL DE LUGO

O próximo 8 de febreiro o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) será a sede do Congreso Gastronómico Cultural de Lugo, "...e para comer, Lugo" no Camiño; sobre cultura gastronómica nos camiños a Santiago de Compostela. O Porco Celta estará presente con produtos derivados desta raza autóctona.

January 31st, 2020|Actividades de promoción, Gastronomía|

XANTAR, 21º SALON INTERNACIONAL DE TURISMO GASTRONOMICO

Do 5 ó 9 de febreiro terá lugar en Ourense a 21 edición de XANTAR, salón internacional de turismo gastronómico. O Porco Celta estará presente da man dun operador autorizado co logotipo 100 % Raza Autóctona.

January 31st, 2020|Actividades de promoción, Gastronomía|