A 31ª edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá 2025, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2022, celebrarase o vindeiro 23 de marzo. Este evento, que se ten consolidado ao longo dos anos como unha das citas máis importantes da comarca, continúa a ser un escaparate de promoción do sector primario de Friol e dos seus produtos estrela: o queixo e o pan. Este ano os asistentes terán a súa disposición material publicitario e informativo da Raza Porco Celta.