O vindeiro 30 de novembro o concello de Cospeito celebra a 35 edición da Feira do Porco da Ceba. Este ano acudirán varios criadores de Porco Celta cos seus exemplares. Haberá degustacións de produtos, corte de xamón e venta de produtos baixo o selo 100% Raza autóctona Porco Celta.