A Feira do Porco da Ceba de Cospeito alcanza a súa trixésimo sexta edición o día 29 de novembro. Habrá unha caseta con material publicitario e informativo da Raza Porco Celta, a partir das 11:00 horas celebrarase o II Feira Gastronómica "Showcooking Pig" con degustación de produtos derivados do Porco Celta: Cocido, fideuá de solombo con boletos e trufa, gyozas con alioli de chile doce, soia e alga wakame e rock&roll de boloñesa e encurtidos.