8º FRIULIO CASTREXO - ROMANO DE FRIOL
07 de maio de 2026
A asociación de recreación histórica A Castronela conxuntamente co concello de Friol organizan o 8ª Friulio Castrexo - Romano, que se celebrará o 9 e 10 de maio. Durante toda a fin de semana o entorno do paseo fluvial acollerá un asentamento galaico e un campamento romano. Tamén haberá exposición de animais da raza Porco Celta e degustación de Porco Celta ao espeto.