ANTROIDO NO VAL DE FRANCOS 2026
12 de febreiro de 2026
O 17 de febreiro no campo do Carril, a asociación Val de Francos, celebrará o Antroido; promovido conxuntamente polas parroquias de Goberno, Ansemar e Balmonte, en Castro do Rei. Ofreceránse receitas de razas autóctonas grazas á iniciativa
Un gusto de rural, un rural degusto, patrocinada pola Vicepresidencia de Deputación de Lugo e que permitirá saborear pratos cuxa materia prima achegaron produtores locais.