Síguenos en:
imaxe/2023/05/04/27-01-2021_concurso_asoporcel_xamon_feb2021_fb-09-1320x485.png

Concurso de Entroido con Porco Celta!

   27 de xaneiro de 2021

Pode que as rúas teñan que estar baleiras este ano… pero imos encher as redes coas mellores fotos de produtos de Porco Celta para celebrar o Entroido! Este xoves 4 de febreiro dá comezo un concurso de fotografía de entroido na que os produtos 100% Raza Porco Celta son os grandes protagonistas. E temos dous premiazos para os gañadores!

  • Primeiro premio: un xamón de Porco Celta e una mochiliña personalizada co noso Cesarín e chea de agasallos para os máis cativos.
  • Segundo premio: unha paleta de Porco Celta xunto con outra mochila para os nenos igual de ben equipada.

 

 COMO PARTICIPAR

  1. Faite unha foto divertida (máximo 3 fotos por persoa) posando con algún produto identificado cun logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.
  2. Envíanola vía whatsapp ao 982 22 62 52 contándonos que produtos de Porco Celta vas poñer na mesa (e para quen!) en canto nos poidamos volver reunir cos amigos e a familia para un bo xantar.
  3. Comeza a seguirnos na nosa páxina de Facebook.
  4. Subiremos a foto a un álbum do noso Facebook, onde se poderá votar por ela ata o 26/02 ás 14:00 horas.

 

PRAZOS

  • A recepción de fotos está aberta dende xa mesmo. Comezaremos a subir as imaxes este xoves día 5 de febreiro e continuaremos ata o venres 19 de febreiro ás 14:30 horas. Non se aceptarán fotografías que cheguen fóra da data e a hora establecidas.
  • O prazo de votación estará aberto ata o venres 26 de febreiro ás 14:30 horas.
  • O nome dos gañadores darase a coñecer ao longo da mañá do luns 1 de marzo.

 

ESPECIFICACIÓNS

  • Cada persoa poderá enviar un máximo de 3 fotografías para participar.
  • Unha mesma persoa non poderá optar aos dous premios. No caso de que as dúas fotografías máis votadas sexan da mesma persoa o segundo premio pasará automaticamente á foto de distinta autoría que máis votos obtivese.
  • Só contarán os votos que obteña a foto dentro do álbum, é dicir, que poderedes compartir a fotografía que subiremos ao noso Facebook para obter máis ‘Gústame’ entre os vosos amigos. Pola contra, non contabilizarán os votos que consiga a fotografía se é subida de xeito paralelo.
  • Os gañadores terán un prazo de sete días para aceptar o premio. De non producirse resposta, será asignado á seguinte fotografía con máis votos.

 

Tags :