Do 29 de novembro ao 1 de decembro, os amantes da boa gastronomía terán unha cita especial en 19 establecementos asociados a Acisa Ribadeo. Durante estas xornadas poderase saborear unha deliciosa tapa de torresmos de Porco Celta acompañada dun chiquito de viño. Un operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta achegará o touciño para os torresmos.