A Feira do Mel de Moaña (Pontevedra) celebrará este domingo, día 21 de agosto, a súa cuarta edición nos xardíns do edificio do Concello. Como xa é tradicional reunirá a produtores de mel e de artesanía, os asistentes terán a súa disposición produtos dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.