A Feira do Monte "Tanto Monte, Monte Tanto" cumpre a súa segunda edición no campo da festa da parroquia de Trasmonte, no concello de Ames (A Coruña). A cita supón unha aposta polo monte e pola necesidade de recuperar as actividades da zona rural, valorizar a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte galego. Habilitarase unha caseta sobre o Porco Celta e os produtos derivados.