Os días 21 e 22 de setembro na Gañidoria (Muras - Lugo), celébrase a XXXII edición da Feira do Poldro e do gando do monte. Haberá exposición de animais da raza porcina Celta e unha caseta con material informativo para os asistentes interesados nesta raza autóctona.