O día 31 de agosto, nos Pendellos de Agolada (Pontevedra), terá lugar unha xornada especial para poñer en valor o noso tecido produtor galego e dar visibilidade a nosa cultura gastronómica. Acudirán dous operadores da Raza Autóctona Porco Celta cos seus produtos e material publicitario e informativo.