O vindeiro 19 de xuño terá lugar, no Campo do Bolos en Lourenzá (Lugo), a III Festa Campesiña. Haberá exposición de animais vivos da raza Porco Celta ademais dunha caseta con material publicitario e informativo. Os locais de hostalería da vila servirán tapas elaboradas con Porco Celta.