Galicia Fórum Gastronómico chega á súa décima edición na comunidade galega, do 23 ao 25 de marzo en Expocoruña. Esta edición ten como eixo principal "Un océano de cociñas", unha homenaxe ao mar e terra. O Porco Celta estará presente da man de varios operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.