O día 19 de abril, o espazo central do Círculo de Empresarios de Galicia transformarase nun salón de exposición, permitindo a iniciativas empresariais do sector agro-mar alimentario galego presentar ao público profesional a súa proposta de produtos e negocio. O Porco Celta estará presente nunha caseta con produtos elaborados e material publicitario e informativo dun operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.